viernes 22 de junio de 2007

Próximas actualizacións.

Lamentablemente, o blog non se está a actualizar coa periodicidade que desexaría dende fai un tempo. Na semana próxima voltaremos con mais artigos, mais fotografías, mais xornadas troiteiras... e esperemos que con mais troitas.

Grazas polas visitas e polo voso interese.

O Cui.

lunes 11 de junio de 2007

Xornada entretida pero pouco productiva...

Facía xa algúns fins de semana que non me achegaba ó río e este sábado pola mañá, marchei cedo ó couto de Taboada. Moita néboa a primeira hora e moi boa temperatura, ainda que o peor foi atoparme coa vexetación increiblemente crecida polo calor destes últimos días e a forte humidade.

Moi dificil chegar ás posturas, xa que os brizos das beiras acadaron gran altura e xa están florecendo.
Na primeira media hora notei algunha picada moi illada, pero ata que despexou a néboa non conseguín as primeiras capturas. En principio, piques no medio do río pero de troita moi pequena, chegando a voltar á agua unhas 6 pezas nun curto marxe de tempo.
Moitos ataques no resto da mañá ata que o sol comezou a tocar na auga, momento no que desistín dos lances largos e aproveitei os pequenos remansos á sombra na miña beira.
Nun lance río arriba e traendo a culleriña a favor da corrente conseguín a mellor peza da mañá, unha troita de boa medida que quedou no cesto co cebo na boca, xa que non puiden sacarllo do moito que tragou.
Ó final, soamente 4 pezas de medida e 13 devoltas. (Coma case sempre, culleriña Mepps Aglia, dourada con pintas encarnadas.)
o

viernes 8 de junio de 2007

Fabricando efectividade.

Hoxe imos demostrar que se Lauri Rapala puido fabricar os seus peixes artificiais, nos non imos ser menos. O noso amigo Jose enviounos unhas fotografías dos seus peixes de fabricación propia que teñen unha pinta estupenda, e coméntanos que algún deles ten unha gran efectividade, coma estes de pequeno tamaño que mostramos na imaxe da esquerda. Jose concrétanos que o colocado na parte superior e inferior da moeda son uns dos mais efectivos. Hay que ter en conta que estes peixes están fabricados coas mans, pero iso non quere dicir que sexan menos efectivos que os famosos Rapala, ou ¿a caso veu Lauri Rapala a Galicia para saber o que lle gusta ás nosas troitas?.

Moitas grazas polas tuas fotografías Jose, e se queres ensinarnos a facer estas pequenas xoias, non dubidaremos en publicar os teus consellos. Esperamos as tuas próximas creacións.






martes 5 de junio de 2007

A pesca con Rapala.

A pesca con Rapala é toda unha arte, unha modalidade que engancha a quen a práctica, ofrecendo multitude de posibilidades.

A ORIXE DOS RAPALAS.
Na década dos 30, un pescador finlandés chamado Lauri Rapala, observaba con atención o comportamento dos peixes mentres pescaba dende a sua pequena embarcación. Dese xeito, puido ver coma un depredador atacaba a un grupo de pequenos peixes, engulindo ó que se movía mais lentamente.

Rapala comprobou que isto sucedía unha e outra vez, polo que pensou que a mellor maneira de atraer ós grandes exemplares sería poñéndolles diante o que andaban a buscar, ou sexa, peixes de pequeño tamaño que se moveran con dificultade.
Deste xeito, cun coitelo e un papel de lixa, confeccionou o primeiro Rapala no ano 1936.
Estaba fabricado en cortiza, a superficie estaba feita co prástico das chocolatinas e a capa protectora con negativos fotográficos fundidos.

Con este invento, Lauri Rapala imitaba á perfección o movemento realizado por un peixe ferido.
Este primeiro peixe artificial é o antergo mais exitoso dos Rapalas, o Orixinal Floating Rapala.
Según conta á historia, Lauri Rapala chegou en ocasións a atrapar 300 kilos de peixe nun só día, co que a reputación deste cebo comezou a medrar de xeito imparable.


CUALIDADES DUN RAPALA.
Os Rapala están fabricados principalmente en madeira de balsa, este material dalle unha suspensión natural e unha acción de natación mais lenta, relaxada e natural, o que sen dúbida é a base da sua efectividade. Algúns modelos fabrícanse con corpo de prástico, estes exemplares dispoñen dunha capacidade de suspensión que non sempre pode ser conseguida coa madeira de balsa. A suspensión dun cebo de prástico determínase polo volume do espazo vacío da sua cavidade interna.
Igual que existen centos de peixes que se comportan de xeito diferente según a zona na que se atopan, tamén existen Rapalas axeitados para cada caso:


RAPALAS ORIXINAIS OU FLOTANTES: Realizados en madeira de balsa flotante, trátase de Rapalas moi versátiles que permiten pescar dende a superficie ata o fondo. Funcionan correctamente a calquera velocidade de recollida. Se pescamos a superficie, lanzaremos e recolleremos cunha acción normal de curricán, xusto por debaixo da superficie. Este tipo de pesca é efectiva principalmente á primeira hora da mañá ou á última da tarde, intres nos que os peixes se atopan mais preto da superficie. No caso de pescar a profundidades medias deberemos de utilizar plomos.

RAPALAS AFUNDIDOS: Son aqueles que levan pesos internos. Estos pesos utilízanse para situar o centro de gravidade do cebo na mellor posición, asegurándose de que este actúa según o previsto.

RAPALAS SUSPENDIDOS: Un dos principias obxetivos dos deseñadores dos Rapala é acadar a suspensión neutral, para conseguir que cando se detén a recollida o cebo quede suspendido na auga na súa posición horizontal natural.
Estes cebos teñen o peso necesario para que a sua gravidade sexa igual que a gravidade específica da auga.

RAPALAS ARTICULADOS: Trátase dunha versión esaxerada da acción Rapala, composto por duas pezas. Móstrase coma a mellor opción para augas frías, onde os peixes soen ser mais difíciles de tentar. O articulado debe ser recollido o mais lentamente que nos sexa posible, procurando mantelo xusto debaixo da superficie.

RAPALAS RATTLING: Son aqueles que producen sons. Trátase de ruidos armónicos, uniformes e afinados, que xunto co movemento supoñen a máxima efectividade.

ELIXIR O RAPALA AXEITADO.
Á hora de seleccionar o Rapala mais axeitado para a nosa xornada de pesca, debemos ter en conta os seguintes factores:
-O babeiro influe na profundidade e na acción. En xeral, podemos decir que canto mais longo sexa o babeiro, o cebo alcanzará mayor profundidade.
-En caso de que a arandela se coloque sobre o babeiro, o cebo alcanzará ainda mais profundidade.
-Tamaño, forma e material do corpo afectan á suspensión do Rapala. A maior tamaño, maior suspensión e estabilidade, permitíndolle navegar a mais profundidade.


Ademais, é importante ter en conta unha serie de recomendacións para obter os mellores resultados:
-É aconsellable lanzar o Rapala lentamente.
-Hai que utilizar canas axeitadas, isto é, as mais lixeiras que sexa posible. Debemos ter en conta que unha cana inaxeitada pode interferir na acción do cebo, restándolle efectividade.


TÉCNICA DE PESCA.
O principal secreto da pesca con Rapala é o de ser capaces de conseguir a máxima precisión á hora de realizar cada lance. O primeiro paso desta modalidade de pesca é tentar colocar o cebo na zona que consideremos coma un posible punto de pesca.
A pesares de que podemos dicir que existen prácticamente tantos métodos de pesca con Rapala como pescadores que a manexan, en principio pódense sinalar unha serie de pautas de actuación que nos permitan obter os mellores resultados.

Logo do comentado primeiro paso do lanzado, o método a seguir é o seguinte:

-Unha vez que o Rapala cáia na auga, deixarémolo quieto nese mesmo lugar ata que as ondas producidas polo impacto desaparezan.

-Nese momento, comezaremos a recollida realizando unha lixeira sacudida ca que fagamos xirar e tremer o Rapala.

-Deixaremos descansar o cebo.

-Repetiremos a acción varias veces e recolleremos de todo, sempre lentamente.

Debemos saber que, normalmente, a gran maioría dos ataques, prodúcense a unha distancia de aproximadamente 1 ou 1,5 metros do primeiro lugar de descanso do cebo.
No caso de que desexemos que un determinado Rapala pesque a maior profundidade, utilizaremos un plomo, que deberá colocarse o mais lexos posible do Rapala para minimizar os efectos que terá o peso sobre o seu movemento.

Fonte: http://www.a-alvarez.com/ Traducción e adaptación: http://orecunchotroiteiro.blogspot.com/

lunes 4 de junio de 2007

Todos contra o lume...

Comezan os meses de verán e con eles chega o risco e a ameaza dos incendios. En relación con este tema, temos que dicir que nalgúns ríos e frecuente ver restos de lixo que algúns desaprensivos non dubidan en ciscar por tódolos lados. Por poñer un exemplo, o típico troiteiro que despois de comer no río deixa coma exposición as suas latas, botellas e bolsas. Esas accións (a parte de séren incomprensibles e noxentas) poden acarrear graves consecuencias nos meses de verán, porque ainda que pareza mentira, un vidro pode prender lume de forma moi sinxela. A isto temos que sumarlle outras costumes coma a de tirar o cigarro prendido en calquera parte, ou o de prender intencionadamente un lume nas primeiras horas da mañá para combater a friaxe.

Moitos deberían replantexarse este tipo de conductas e pensar que o sinxelo xesto de apañar nunha bolsiña os restos de lixo, ó pasar unhas horas sen fumar (ou facelo de maneira responsable), ou abrigarse un pouco mais en lugar de facer un lume, pode chegar a evitar unha desgraza.

Esperemos que o inferno vivido no pasado verán non se repita neste. A continuación deixo un enlace onde poderedes ver a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.

Loitemos contra o lume. Sexamos responsables.

http://mediorural.xunta.es/consellaria/if.php

viernes 1 de junio de 2007

Fermosa troita...

Dende Marcón (Pontevedra), escríbenos o noso amigo Antonio para mostrarnos a fermosa troita que acadou fai uns días no río Deza. Un fermoso exemplar de troita desas que non se capturan tódolos días. A verdade e que a loita co animal tivo que ser de época, xa que o seu peso foi de 1 kilo e 400 gramos, con nada mais e nada menos que 50,5 cm. de lonxitude.
Este experto troiteiro, coméntanos que non é a primeira vez que acada capturas destas dimensións, pero que quizáis esta sexa unha das mais fermosas.
O cebo utilizado foi unha rapala de 7 cm.
Na fotografía que nos envía, podedes ver a fermosa librea desta peza e admirar o seu gran tamaño. Sen dúbida o noso amigo pillou "a vella" (como nos lle chamamos a estas grandes troitas).
Moitas grazas Antonio, por esta fermosa fotografía e polo teu interes no Recuncho. Esperamos continuar vendo as túas capturas e que continues visitando o noso espazo.

Unha aperta.

Contacto para envío ou solicitude de información.

Se queredes enviar ou solicitar información, enviar fotografías para que se publiquen no Recuncho Troiteiro, etc, non tendes mais que envialas á seguinte dirección de correo: lopez78@teleline.es

Publicareinas con moito gusto.
Un saudo para todos.