Novas: A praga dos cebra.
Todo o mundo sabe que a praga do mexillón cebra acabará por chegar ós ríos e encoros galegos, pero Medio Ambente tenta retrasar esa chegada o máximo posible. Esta especie invasora constitue un grave perigo para calquer ecosistema, xa que se adapta perfectamente a calquera medio e reprodúcese de xeito masivo en pouco tempo.
Apodérase de todo o leito fluvial, cubrindo todo o que atopa ó seu paso (a vexetación, as pedras, etc.), ademais de afectar gravemente ás especies autóctonas.
Por iso, estase a preparar unha campaña informativa, dirixida especialmente ós usuarios dos ríos, para que activen as medidas de contención do perigoso bivalvo.
-Activada a alerta para impedir a chegada do mexillón cebra a Galicia.
-Limpeza das piragüas que están en competición.
-Unha vez introducido no medio é imposible erradicalo, soamente se podería eliminar deixando o río seco.






