martes 30 de octubre de 2007

Praia fluvial en Taboada (Silleda)

Segundo a noticia que hoxe saía no xornal, o Concello de Silleda encargou a redacción do proxecto da praia fluvial de Taboada no río Deza. A alcaldesa de Silleda (Paula Fernández), asegurou que terá un impacto mínimo sobre o lugar e que se aproveitarán as condicións do terreo. (ver nova)
Persoalmente, dicir que coñezo perfectamente o lugar onde se pretende facer esta praia fluvial (pouco antes da zona acotada) e penso que ainda tentando respetar o medio e aproveitando as condicións do terreo non vai ser nada beneficionso para a zona o levar a cabo esta iniciativa.
Silleda dispón neste intre dunha praia fluvial (A Carixa), perfectamente acondicioada e cunha capacidade, servizos e calidade de instalacións mais que axeitados para atender ás demandas do público, ¿porqué esta praia fluvial en Taboada?. Creo que non se está a ter en conta que habilitar un recuncho tan fermoso como é o entorno da Ponte Romana de Taboada, a antiga central eléctrica e a xunta dos ríos para facer esta praia, soamentes vai a traer problemas tales como verteduras de lixos, abandoo das instalacións co tempo, destrozos por mor das riadas, e algo mais perigoso, coma facilitar o acceso ó lugar en calquera época do ano (furtivos, vandalismo, etc...), tendo en conta que se trata dunha zona refuxiada.
Na miña opinión persoal, paréceme un erro, pero o tempo terá que darnos ou quitarnos a razón.
Por suposto dende O Recuncho farase un seguimento das futuras obras e posterior mantemento das mesmas, esperando que os nosos pronósticos non se cumpran e que o Concello de Silleda estude con sentidiño o que ten entre mans.

miércoles 24 de octubre de 2007

Limpeza de vertedoiros.

O concello de Lalín puxo en marcha unha iniciativa que trata de eliminar os vertedoiros incontrolados de tódalas parroquias da zona (que por desgraza son moitos).
Para iso contratouse unha brigada a través do programa de promoción de emprego que se adicará a realizar as tarefas de limpeza e recuperación destas zonas dende hoxe mesmo.
Esperemos que unha vez limpos non se volvan encher. (Ver nova)

miércoles 17 de octubre de 2007

Colectivo Vello dos Cornos

O colectivo Vello dos Cornos de Merza sumouse ó Proyecto Ríos para avaliar o estado dos cauces fluviais. O pasado venres 12 de Outubro, tivo lugar a primera xornada para supervisar o río Orza, para o que contaron có asesoramento dos promotores.
O presidente de Vello dos Cornos, Xosé Ramón Cillero, explicou que decidiron sumarse a este proxecto porque «non costa nada e contribúe o control do entorno». Asistiron á primeira xornada dez participantes e agardan aumentar colaboradores para controlar dous tramos de 500 metros do Orza dous días o ano. Tamén mostrou interese por unirse o colectivo de Fontao para vixiar o Deza. (Información extraída da Voz de Galicia)

viernes 5 de octubre de 2007

IV Ruta a Lalín en BTT

Esta mañá presentouse a IV ruta a Lalín en BTT, que sairá o vindeiro domingo, 7 de outubro, dende o campo de fútbol Manuel Anxo Cortizo.
O trazado da IV ruta a Lalín en BTT terá unha lonxitude de 50 quilómetros, cunha dificultade media-alta e un tempo aproximado de percorrido de 4 horas.
INSCRICIÓNS
Os interesados en participar poden formalizar a súa preinscrición nas oficinas de Caixanova ou o mesmo día da proba ata as 9 da mañá. O prezo da inscrición é de 12 euros e no mesmo inclúese o avituallamento, un recordo conmemorativo e a comida. A marcha cicloturista está aberta a todos os ciclistas maiores de 15 anos que posúan licenza federativa do ano en curso. Os participantes que non estean federados deberán solicitar tramitación da licenza dun día, cun custo adicional de 8 euros na inscrición.




Novas...

Ulla e Umia, entre os cinco ríos con maior cantidade de verquidos.

Medio Ambiente asegura que o Umia soporta 114 focos de contaminación diarios mentres que o Ulla acada os 509 en todo o seu percorrido. (Ver nova)