martes 20 de noviembre de 2007

Nova enquisa do Recuncho Troiteiro

¿Cal crees que é a mellor medida para aumentar a poboación de troita nos nosos ríos? De todos é sabido que cada tempada que pasa parece minguar notablemente a poboación de troita nos ríos galegos. Os verquidos, o furtivismo, a pesca indiscriminada... son moitos os factores que influen na saude dos ríos.
Recuperar a poboación das especies fluviais pode pasar por tomar determinadas medidas. ¿Que opcións creedes como mais axeitadas? Podedes marcar varias respostas e por suposto, enviar comentarios propoñendo as vosas ideas.
Unha aperta dende o Recuncho.

Vídeo promocional

O Concello de Lalín realizou, non fai moito tempo, un vídeo coa finalidade de potenciar o turismo natural na zona. Por suposto, un dos nosos atractivos naturais son os fermosos ríos e nótase claramente que son os protagonistas deste pequeno filme promocional.

Recunchos dos nosos ríos

miércoles 14 de noviembre de 2007

Facendo cambios.

Estamos a facer algún que outro cambio na faciana do Recuncho Troiteiro pero estará rematado nuns días.
Un saudo a todos.

viernes 9 de noviembre de 2007

Descubrindo novos blogs na rede.

Pouco a pouco imos descubrindo novos blogs adicados á práctica da pesca e supoño que para tódolos amantes desta arte é unha satisfacción saber deles e telos de boa man, porque a maioría son realmente interesantes.
Hoxe imos incorporar á nosa lista de amigos na rede un blog realmente completo, con moita e variada información e sobretodo feito por grandes amantes da pesca.

http://surfcastingmasters.blogspot.com

Rocomendamos a súa visita.

martes 6 de noviembre de 2007

Asociación de Troiteiros Río Furelos (Melide)

Descubrimos fai un tempo o blog da Asociación de Troiteiros Río Furelos (Melide), que están a facer unha labor digna de mención por protexer os seus ríos. Non fai moito sufriron unha gran desfeita por mor de varios verquidos indiscriminados de purín que unha granxa fixo ó río Catasol.
As imaxes son de pena e dor, xa que ditos verquidos exterminaron a mais de 4.000 troitas (entre outras especies) e o río tardará anos en recuperarse.
Permitímonos o poñer no Recuncho unha foto que mostra a magnitude da catástrofe. Dende o Recuncho Troiteiro enviamos un saudo a tódolos voluntarios e membros desta asociación da que ben merece a pena tomar exemplo.

O Recuncho pregunta á Consellería

O Recuncho Troiteiro púxose hoxe en contacto coa Consellería de Medio Ambiente para que nos informasen sobre varias cuestións:
"Gustaríanos saber se a Consellería de Medio Ambiente leva a cabo inspeccións periódicas sobre as grandes infraestructuras que se están a levar a cabo no noso país (Tren de Alta Velocidade, etc.) con fin de facer cumprir as leis ambientais vixentes e controlar que non existan desviacións dos informes iniciais de impacto ambiental. ¿Cal e a periodicidade destas inspeccións?, ¿quenes son os encargados de realizalas?, ante o contínuo pingueo de queixas en diferentes lugares da nosa xeografía sobre verquidos provocados polas obras, etc., preguntámonos: ¿pódense evitar estes problemas antes de que ocorran?, ¿faltan efectivos?, ¿son suficientes as inspeccións?, ¿soluciónase algo coas multas ás grandes empresas constructoras?."
Polo momento, dende a Consellería, infórmannos do seguinte:
"En relación coa súa solicitude de información indicámoslle que foi remitida para a súa contestación á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dentro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Un saudo"
Esperamos ter respostas ás nosas preguntas axiña, que por suposto, publicaremos no Recuncho.

O AVE continúa dando que falar.

O problema dos verquidos do tren de alta velocidade continúa dando que falar na comarca.
O concexal do Rural, Antonio Rodríguez, calificou onte o verquido realizado no río Santa Lucía en Vilar do Río (Bendoiro) como consecuencia da construcción dun viaducto coma “unha nova mostra de falta de respeto co medio ambiente por parte do Adif”. Indicou que remitirá a Medio Ambiente un informe deste novo caso de contaminación fluvial para que “seguindo a senda marcada por outros exemplos que foron sancionados, tome cartas no asunto e abra o correspondente expediente”.
Neste informe que se remitirá á consellería «pódese comprobar a través de fotografías como a empresa está facendo pilotes de formigón nas dúas marxes do río e como a propia máquina de pilotar deriva auga con terra ao cauce e a unha presa que vai cara o lugar de Vilar do Río, onde se atopa un lavadoiro e un bebedeiro de auga para o gando». Sinala ademais Antonio Rodríguez que a este problema engádese «a existencia dun punto de limpeza de cuba, ben identificado a través dun cartel, ubicado nas inmediacións do cauce do río e con claro perigo de provocar un novo verquido».
O edil considera «absolutamente intolerable que a Consellería de Medio Ambiente pase por alto estas accións e non abra expediente algún nin á empresa constructora nin ao propio Adif, cando a propia presa está a quedar totalmente cuberta de lama como consecuencia da importante cantidade de terra que se verteu».
(Fonte: La Voz de Galicia)

O mal xa está feito.
Entendo que é xusto sancionar estas accións, pero ¿qué lle supón ó Adif pagar unha multa por verquer lodo a un regato?. Unha vez que o mal xa está feito, a sanción que lle impoñan convértese en algo simbólico.
A verdade e que non estou certo de cómo se controlan este tipo de infraestructuras, pero está claro que teñen que existir informes e estudos sobre o impacto ambiental que provocará a súa execución, e que a Consellería de Medio Ambiente ou o organismo competente terá que revisar e aprobar estes informes. Se isto funciona así, alguén terá que comprobar o cumprimento das leis medioambientais e ver as desviacións que se produzan respecto ó plan inicial.
¿Existen inspeccións periódicas de Medio Ambiente ás zonas onde se están a executar as obras?
¿Pódense previr estas desfeitas en lugar de sancionalas unha vez que o mal xa está feito?
¿Quen ou quenes son os responsables de estudar as mellores formas de actuación para evitar este tipo de agresións ambientáis?

lunes 5 de noviembre de 2007

Mais novas...

VACIADO DO LAGO
O enorme lago creado na zona de Sestelo, na parroquia lalinense de Botos, a consecuencia dos traballos de construcción do AVE, foi vaciado con bombas de achique. A empresa adxudicataria do tramo Abeleda-Baxán realizou unha larga canalización ata o río Asneiro, para dar saida á gran bolsa de auga acumulada (aproximadamente 250.000 metros cúbicos)
Fontes consultadas onte, indicaron que o largo percorrido que debe efectuar a agua, e a ausencia de pendentes importantes ata o cauce fluvial, permiten que esta chegue o río con pouca turbidez. (Ver nova)



OUTUBRO SECO
Rematou o mes do outubro mais seco dende que hai rexistros informatizados, o 2002. Os datos da estación meteorolóxica de Mouriscade indican que durante o pasado mes, se contabilizaron soamentes 14 litros por metro cadrado. Esta é a cifra mensual mais baixa que rexistra a rede de datos da Consellería de Medio Ambiente dende Xullo de 2004.
Un dos puntos nos que se reflexan as escasas chuvias é no embalse de Portodemouros. Na actualidade ronda a cuarta parte da súa capacidade almacenando únicamente 81 hectómetros cúbicos. Na última semana de outubro do ano pasado, contabilizaba 270 hectómetros cúbicos e superaba o 60% de capacidade, e dicir, mais do dobre. (Ver nova)

viernes 2 de noviembre de 2007

Consecuencias do AVE

Veciños de Vilar do Río, na parroquia lalinense de Bendoiro, denunciaron ante o Concello de Lalín a existencia de importantes verquidos de lodo e terra a consecuencia das obras do AVE ó regato de Santa Lucía, que cruza a zona. Os veciños aseguran que a consecuencia destos verquidos, o cauce fluvial «baixa amarelo xa dende fai días». Os técnicos municipais redactarán un informe en torno ós verquidos de lodo denunciados polos veciños que será entregado á Consellería de Medio Ambiente e ó organismo Augas de Galicia para que estudien a situación.(Ver nova)

Na parroquia lalinense de Botos levarase a cabo o vaciado dunha balsa de agua de gran tamaño tamén nas obras do AVE. A empresa realizou unha canalización dun kilómetro conducindo a auga a pouca velocidade ata o río Asneiro. (Ver nova)