miércoles 12 de diciembre de 2007

Inventario de recursos da Rede Natura

A Deputación de Pontevedra anunciou que realizará un inventario dos recursos da Rede Natura 2002 na provincia e realizará unha campaña de 40 xornadas divulgativas nos lugares de interese para dar a coñecer o seu valor ambiental, os seus beneficios e as formas de compatibilizar a conservación co desenrolo económico sostible. Esta campaña incluirá material divulgativo e un díptico informativo.
Na provincia hai 18 espazos incluidos na Rede Natura, deles atópanse na comarca o sistema fluvial Ulla-Deza, os Sobreirais do Arnego, as Brañas de Xestoso, o monte Faro e a Serra do Candán. A Deputación incluiu para este proxecto 150.000 euros no presuposto do próximo exercizo. Dende o organismo provincial explican que o traballo está motivado porque a ley reguladora dos espazos incluidos na Rede Natura choca, en ocasións, debido ó descoñecemento ou pouca difusión, cas actividades e intereses dos agricultores, selvicultores ou cazadores, que son os principais encargados da gestión do patrimonio ambiental. Por iso, queren dar a coñecer os beneficios que pode reportar.

Parcelaria en Vilatuxe

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) instou á Consellería de Medio Rural a paralizar as obras da concentración parcelaria de Vilatuxe polo seu impacto, ó tempo que solicita contundencia á Consellería de Medio Ambiente neste caso.
A Garda Civil considera que a apertura de pistas afecta nunha parte a terreos incluidos na Rede Natura.
Trala investigación realizada, os axentes do Servicio de Protección da Natureza de Lalín chegaron á conclusión que algunha das obras da concentración parcelaria de Vilatuxe consistentes na apertura de camiños están afectando a terrenos incluidos na Rede Natura. O Seprona constatou tamén que de momento non hai un estudo de impacto ambiental e que se está a realizar a tramitación das denuncias pertinentes.
Os axentes iniciaron a investigación de oficio, pero recibiron xa nos últimos días duas denuncias ó respecto. Unha é dun particular e a outra da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, con sede social en Santiago de Compostela.
Nela, Adega denunciaba que a apertura de camiños e as obras ocupaban parte de Link da Serra do Candán, que non había un estudo de impacto ambiental feito e que se estaban a realizar cortas de árbores supostamente non autorizadas.
Na súa páxina web Adega facíase eco onte da presentación da sua denuncia e achacaban «a desfeita» a unha empresa de Touro «posiblemente contratada por SPI con enderezo en Santiago e adxudicataria das obras».

Peticións de Adega e da FEG
A agrupación ecoloxista esixíu a medio Rural, a Medio Ambiente e ó Concello de Lalín a paralización das obras e a apertura dos expedientes sancionadores que correspondan. Unha petición que también facía a través dun comunicado a Federación Ecoloxista Galega.
(Fonte: La Voz de Galicia)