Novas...
Silleda propón a Lalín un plan común de mellora do río Deza.
O edil de Medio Ambiente de Silleda, Gerardo Lázara, reunirase coa empresa Signo contratada pola Diputación para redactar proxectos do Feder e presentaralle unha proposta para que Silleda e Lalín desenvolvan un proxecto conxunto nas márxes do Deza nos dous municipios. Incluiría práias fluviais e recuperación de muiños.
Lázara reunirase tamén co concellerio lalinense Román Rodríguez buscando colaboración e acordo para abordar conxuntamente estas actuacións tan importantes para a comarca.
De prosperar a iniciativa, habería beneficio mutuo, tanto económico coma paisaxístico.
O proxecto ambiental que Silleda quere pedir conxuntamente con Lalín para o Deza supera o medio millón de euros.
A proposta de Silleda a Lalín de plantexar un proxecto común de ocio e medioambiental para unha zona común ós dous municipios no Río Deza ten unha xustificación que o edil de Medio Ambiente silledense, Gerardo Lázara explica indicando que Silleda fai tempo que tiña avanzado, ata con accións realizadas, facer un espazo recreativo fluvial e unha senda (desbrozada polo distrito de medio Rural), no municipio silledense. O punto da área fluvial sería antes da confluencia dos ríos Deza e Asneiro. Co novo modelo de axudas do Feder e tendo en conta que este proxecto elaborado e solicitado con Lalín podría multiplicar o seu valor medioambiental e de servizo, nace a proposta.
A idea silledense incide nun espazo de remanso dunhos 400 metros e un sendeiro dunhos 2,5 kilómetros. Se Lalín se suma podría incorporarse coma centro importante un gran muiño na ribeira lalinense e un acceso moito mais factible có do lado de Silleda. Pantaláns superficiais, permitirían cruzar o cauce e serían desmontados en época invernal. Nunha primera estimación o proyecto sitúase sobre os 500.000 euros.
Onte, o edil de Medio Ambiente silledense, Gerardo Lázara, mostrou o plan sobre o terreo a una técnica da empresa Signo, contratada pola Deputación para presentar os proxectos. Lázara indicou onte que lle gustou moito a zona e o encaixe do proxecto nas axudas.
Lázara quedou co concelleiro lalinense Román Rodríguez para que evalúe o proxecto por se consideran a idea de facer unha solicitude conxunta. No caso contrario, Silleda seguiría coa idea inicial de inversión por fases con axudas da Consellería que tiña antes de sair as propostas do Feder.
Silleda presenta outros dous proxectos menores, de 60.000 euros cada un, para unha área fluvial no Areado en Piñeiro, onde podería haber acordos con Cruces, e outro en Silleda adaptando tres muiños da ruta no río Oisa a producción eléctrica.
(Fonte: La Voz de Galicia)






