martes 26 de febrero de 2008

Actividades do Proxecto Ríos

lunes 25 de febrero de 2008

Verquido mortal no Carballiño

A metade da población de troitas da piscifactoría Carinsa do Carballiño morreron a pasada semana por causas descoñecidas.
Pasadas as cinco e media da tarde do pasado mércores, os peixes comenzaron a morrer ante a impotencia do personal do establecemento, que de inmediato avisaron á Consellería de Medio Ambiente e ó Seprona.O xerente da piscifactoría denunciaba a morte dun millón de peixes repartidos en 30 estanques.
Os técnicos de Medio Ambiente e os axentes recolleron mostras de agua e troitas mortas dentro das instalacións e no río Arenteiro para realizar unha análise e determinar as causas. Realizaron tamén unha minuciosa inspección do cauce, detectando unhas 20 troitas mortas nun tramo dun kilómetro, entre a zona onde se atopan os pilares do AVE e a piscifactoría.
Ainda que non se pode asegurar de momento, todo sinala a un vertido contaminante, xa que as primeiras pesquisas do Seprona indican que o nivel de Ph da auga estaba demasiado baixo. O Ph utilízase para medir a acidez e a alcalinidade, e pode descender por causa da contaminación de productos químicos, choiva áceda e verquidos orgánicos, entre outros.
A mortandade afectou mayoritariamente á poboación de troitas adultas, xa que entre os alevíns e as de tamaño medio non foi tan agresiva.
A sociedade de pescadores do Carballiño foi alertada do acontecido co tempo suficiente para cortar o suministro de auga do Arenteiro á canle de alevinaxe de Toscaza.

A enquisa

Damos por rematada a enquisa do Recuncho Troiteiro na que se plantexaba cal sería a mellor opción para aumentar a poboación de troita nos nosos ríos.
As opcións mais votadas foron as seguintes:
-Aumento das tallas mínimas cun 47% dos votos
-Un serio plan de repoboación cun 42% dos votos
-Reducción dos cupos de capturas e mais zonas de pesca sen morte cun 26% dos votos

Grazas a todos polas vosas visitas e polas vosas votacións.

domingo 24 de febrero de 2008

Voluntariado Verde de Silleda

O programa Voluntariado Verde, posto en marcha polo Concello de Silleda, conta xa cunhas trinta persoas de idades comprendidas entre os doce e os sesenta anos, que fai unhas semanas comezaron a súa actividade.
A primeira misión foi deixar limpo o cauce do río Oisa, que tras varias xornadas de traballo, con turnos de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 15 a 18 horas), lograron rematar retirando do río e das suas marxes, plásticos de todo tipo, botellas, ferros e ata unha maleta.
O Concello de Silleda facilita ós voluntarios todo o material necesario, coma chubasqueiros, lubas e ferramenta. O seu seguinte obxetivo será limpar os vertedoiros incontrolados do municipio.
As persoras que desexen formar parte do Voluntariado Verde, soamente teñen que chamar ó 986.580.397 e apuntarse.
Ainda que non estou moi dacordo con diversas propostas do Concello Silledense, como a praia fluvial no Deza, nesta ocasión véxome na obriga de felicitalo e apoialo por esta iniciativa. Teño entendido que se está a estudar a posibilidade de acondicionar ás marxes do Oisa para facer un paseo e un carril bici. Se finalmente se leva a cabo, espero que serva para mellorar a saude do río e que as obras sexan o mais respetuosas posible co seu entorno.