domingo 18 de mayo de 2008

SOS río Asneiro

La Voz de Galicia publicaba o sábado o seguinte artigo escrito por un pescador que se queixaba da situación que está a sufrir o río Asneiro. A edición dixital non informaba do nome do autor, pero creo que resume o sentimento de tódolos troiteiros do Deza.
"O río Asneiro agoniza ao seu paso pola comarca de Deza sen que a ninguén pareza importarlle e é que debido a múltiples factores, como son a contaminación, a falta de auga e as obras que nos últimos anos estanse levando a cabo nas súas marxes, fan que a deterioración que sofre este río sexa palpable día a día por todos os afeccionados á pesca que nos achegamos á súa ribeira todos os días que os nosos compromisos nolo permiten. É entón cando estrañamos tempos pasados, non demasiado afastados, cando os ríos estaban limpos e unha crecida facíanos gozar dunha gran xornada de pesca. Hoxe en día calquera precipitación fai que debido a todo o movemento de terras polas obras da autoestrada e o AVE a terra corra cara ao río converténdoo nunha lameira e volvéndoo impracticable para a pesca, e parece ser que ata volvéndoa non apta para o consumo. Non só iso, senón que todo este barro estase depositando no fondo do río afectando ás zonas de freza das troitas e a toda a fauna de invertebrados que poboan os seus fondos e que constitúe a principal fonte de alimentación das troitas.
Creo que estamos nun punto sen retorno no que todos debemos asumir as nosas responsabilidades, a administración vixiando que se respecte o río e a súa contorna para que non se produzan verteduras incontroladas nin captacións de auga non permitidas, os pescadores cambiando día a día a nosa mentalidade cara a políticas de pesca máis conservacionistas e a sociedade de caza e pesca organizando xornadas de limpeza e promovendo a creación dalgún coto de pesca sen morte como os que xa existen en moitos puntos de Galicia. Desta forma intentar paliar a continua degradación que está sufrindo o río e que os infractores se sintan vixiados e intimidados e que ningunha infracción quede impune intentando a difícil misión de que o noso río recupere o esplendor de outrora e todos poidamos gozar dunha contorna privilexiada a escasos quilómetros do núcleo urbano de Lalín. Así os que herdamos a afección dos nosos pais podamos transmitirlla algún día aos nosos fillos sen ter que explicarlle que Galicia foi un día o país dos mil ríos.

(Fonte: La Voz de Galicia)
(Artigo de Kike Portas)

jueves 15 de mayo de 2008

Os troiteiros do Recuncho.

Non fomos tódolos que somos, pero si somos tódolos que fomos.
O pasado fin de semana algúns dos troiteiros do Recuncho quedamos para desfrutar dunha nova xornada troiteira. Ante as novas que se sucederon nos xornais sobre os repetitivos verquidos de terra que se produciron no río Asneiro, quixemos ver o estado das súas augas, para comprobar se estaba en condicións para a pesca.
Achegamonos nun primeiro momento ata a parroquia de Cristimil, onde puidemos ver o río con total claridade dende a ponte da estrada.
As augas ían escuras, pero dentro do normal tralos días de choiva. Non detectamos exceso de terra e por tanto decidimos dar a volta e achegarnos ó tramo de río que nos deu moi bo resultado nas últimas xornadas.
Botamos man novamente dos miñoqueiros ainda que levamos as canas de culleriña coa idea de tirar unhos lances nun pequeno tramo de correntes.
Ó pouco de chegar, conseguimos as primeiras capturas nunha estreita e fonda tosta. Mario a primeira, logo eu, e de seguido Manolo, logramos tres fermosas troitas dunha talla mais que aceptable.
A tarde prometía, pero a medida que pasaban as horas as picadas facíanse mais escasas e soamentes puidemos acadar outra captura.
Antes de recoller decidimos anuar as nosas culleriñas e facer un par de lances nun cachón e nunhas pequenas correntes, pero sen exito, polo que pregamos aparellos antes do previsto e marchamos con catro capturas pensando que desta volta chegamos tarde á hora de pique.
Respecto ó estado do río, observamos que baixaba escuro, algo normal no Asneiro tralos días de choiva, pero tamén nos demos conta de que no leito había mais terra do habitual.

Actuación no río Toxa

O proxecto do Concello de Silleda de acondicionar a ribeira do río Toxa aproveitando un taller de emprego aprobado por Traballo entra nunha nova fase: a exposición pública do plan de actuación despois de que Augas de Galicia ofrecese inicialmente a súa aprobación ás actuacións proxectadas. Entre elas, a de maior tamaño é a construción dun área recreativa de 11.900 metros cadrados. A localización elixida polo goberno para esta infraestrutura de esparexemento é a parroquia de Rellas. Estarán na marxe esquerda da canle fluvial e estará dotada con acceso rodado, pasarela peonil sobre o río (que terá seis metros de lonxitude por dúas de ancho) e mobiliario urbano. Ademais, prevén a construción dun aparcadoiro duns 1.900 metros cadrados.
Os traballos completaranse coa limpeza de sendas peonís que discorren por ambas as marxes do río Toxa entre Graba e San Tirso de Manduas, o que supón unha actuación en 6.900 metros de río. O ancho máximo que terán as sendas será de dous metros, segundo figura no proxecto. Ademais, reconstruirase na súa totalidade a ponte de Maril e realizarase a limpeza e substitución das varandas nas estruturas de Ponche dá Pedra, Paulino, Taboeiros, Ponche do Toxa, Fonteboa, Outeiriños e Graba. Agora o proxecto do Concello estará exposto durante 20 días contados a partir de hoxe ao público, para que todos os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións no Concello de Silleda ou ben nas oficinas de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente.
(Fonte: La Voz de Galicia)
(Fotografía: Miguel Souto)

Morte no río Seixas.

O Seprona investiga a morte de 130 troitas no río Seixas, nas inmediacións da área recreativa de Sanguiñedo, no municipio de Dozón. Os peixes apareceron esparcidos nun tramo dunhos 150 metros do cauce fluvial, aguas abaixo da igrexa parroquial. No entorno non había lodos nin restos de verquidos, polo que o Seprona non cursará polo de agora ningunha denuncia. Oficialmente desconócense as causas desta mortandade, anque todo apunta a un envenenamento cunha sustancia tóxica, que podería ser lixivia. Esta práctica, igual ca utilización de corrente eléctrica ou explosivos, foi muy habitual noutros tempos para matar e capturar troitas de forma ilegal. Hoxe en día todavía pervive entre algúns pescadores furtivos, a pesar do control das autoridades medioambientais. Quenes empregan estes métodos, aproveitan os primeros intres para recoller o seu botín antes de que o veleno, que seguirá actuando sobre alevíns e outras especies, deixe inservibles as troitas. Na investigación participan tamén axentes dos servicios forestais da Consellería de Medio Ambiente. De feito, serán os laboratorios do departamento autonómico os que determinen as causas da morte dos 130 peixes recollidos na canle e na ribeira do Seixas. Dase a circunstancia de que este río é un afluente do Asneiro, moy castigado últimamente polos verquidos de terra e outras sustancias das obras do TAV.
(Fonte: Faro de Vigo)

martes 13 de mayo de 2008

Novas sobre os verquidos

(13/05/08) A Consellería de Medio Ambiente abriu no mes de abril dous expedientes por verteduras ó río Asneiro e ó regato de Abeleda en Lalín. Unhas verteduras achacadas ás obras do AVE e ás que se podería sumar, polo menos unha máis por mor das últimas verteduras denunciadas polo Concello de Lalín e que obrigaron ós responsables municipais a cambiar o bombeo da auga por mor da contaminación sufrida na canle. (Ver nova)
(12/05/08) Lalín esixe ó Adif un plan para rexenerar os ríos cando rematen as obras do TAV. (Ver nova)
(11/05/08) Os pescadores denuncian que os vertidos ó Asneiro son moi habituais.
A turbidez das aguas mailo depósito de terra e area no leito do río Asneiro non é algo novedoso para os numerosos pescadores lalinenses. Os deportistas denuncian que o cauce fluvial do río ó seu paso polas parroquias de Vilanova, Botos e A Xesta presentan frecuentemente unha cor escura ou grisácea que creen que pode provocar a mortandade das troitas. Os pescadores denuncian que en Mouriscade ou no Barreiro, o río "está case sempre desta cor". "Ás veces vai a agua dunha cor marrón, outras veces case que é negra, e incluso hai días no que é de cor gris, dependendo de se chove moito ou non", afirman. Asimesmo, sinalan que esta situación non se produce de forma permanente, senon que "hai días nos que vai claro, e de repente, ó día seguinte cambia de cor". Sosteñen que unha parte dos materiais vertidos se depositan no fondo do río e advirten que se acumula nas zonas nas que os peixes soen depositar as ovas na época de reproducción. "Hai grandes cantidades de lama nas zonas de correntes, que son nas que crían as troitas, polo que non poderán reproducirse", apuntan. Mentres tanto, alegan que o resto dos materiais son arrastrados dende o Asneiro ata a súa zona de confluencia "co río Deza, pasando por Ponteamoas, Ponte Taboada e desde alí xa entra en Silleda". Os pescadores están molestos ante a pasividade das administracións e da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, por iso esixen á xunta do colectivo que preside Luis Nistal que tome cartas no asunto e se interese pola procedencia dos vertidos, así como por averiguar se poden provocar danos ás troitas. "A verdade é que resulta estrano ver como a Sociedade de Pesca nunca dixo nada sobre este problema, porque deberían saber que esto ocorre dende hai tempo", concluen. Ós pescdores ironizan sobre o control que se realiza para controlar as suas capturas e o "pouco interese que hai" por denunciar os vertidos.
(Fonte e fotografías: La Voz de Galicia e Faro de Vigo)

sábado 10 de mayo de 2008

O Asneiro. O río castigado.

Nova agresión medio ambiental a un dos ríos que cruza Lalín. A enésima vertedura á canle do Asneiro foi denunciado onte polo concelleiro de Medio Ambiente ante o Seprona. Os feitos ocorreron no tramo entre Os Muiños, en Vilanova, e a estación en Botos, indicando o edil que o río «presenta unha cor turbia dás augas con achegue de terra». Técnicos da concellería de Medio Ambiente trasladáronse na mesma mañá de onte ao citado tramo do Asneiro «para comprobar ou seu pésimo estado con importante presenza de restos de terra na auga, sobre todo nas zonas de menor corrente».
Desde o goberno local indican que puxeron inmediatamente os feitos en coñecemento de Seprona, para que elabore o correspondente informe co fin de tomar as medidas que considere máis oportunas. Ao mesmo tempo, anunciou que dará traslado dun informe elaborado polos técnicos municipais tanto a Augas de Galicia, como ás consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade, para que teñan coñecemento dos feitos e adopten as medidas necesarias para corrixir a situación.
Na zona dos Muiños era onte moi fácil distinguir a intensidade da vertedura á canle do Asneiro: as augas tinguidas dunha forte cor marrón contrastaban co cristalino líquido do río de Doade, na confluencia de ambas as canles.
O río Asneiro incrementa co de onte o seu xa amplo historial de verteduras nos últimos anos. Varios deles motivados por algunha das industrias de Botos, xa que a deficiente depuración colapsaba unha EDAR do polígono. A situación pareceu corrixirse o pasado ano, tras un forte investimento do matadoiro de Botos -800.000 euros- para cumprir coa normativa de verteduras. Tamén acabaron no leito do Asneiro sacos de cemento tras unhas obras feitas a instancias de Renfe; ou unha vertedura de alcatrán no regacho de Ponche Moas que desemboca no Asneiro.
Pola súa banda, as obras do AVE foron, os últimos meses, unha importante fonte de verteduras a canles fluviais da comarca.

(Fonte: La Voz de Galicia)

viernes 9 de mayo de 2008

Primeiro o Asneiro... agora o Deza. ¿Ata cando?

Un troiteiro da parroquia silledense de Saídres deu a voz de alerta este mércores pola tarde ao Seprona ao detectar o río Deza de cor verde ao seu paso pola parroquia, ademais de presentar turbiedade, cando se dispuña a pescar. Os axentes do corpo da Garda Civil desprazáronse trala insistencia veciñal xa de noite ata o lugar, pero ante a falta de luz non puideron apreciar a tonalidade das augas e pospuxeron a súa actuación.
«Nunca vin ou río desa cor, non se vía o fondo», explicaba onte o pescador que deu a voz de alerta ante posibles verteduras ó Deza. Incidiu en que a turbiedade que había na xornada de onte podíase explicar polas choivas, pero a que presentaba na xornada do mércores non, posto que non se produciron precipitacións. O pescador indicaba que non detectara ningún exemplar de peixes mortos na zona. Segundo apuntaban quenes onte viron o río, presentaba unha cor similar ó da auga estancada cando nese tramo do río non se dá esta circunstancia.
A área afectada comezaba, segundo apuntaron, máis ou menos río abaixo da zona silledense de Ponche Taboada, onde se mesturaban as augas enturbadas coas de cor verdoso. Previamente a este punto, o Deza presentaba xa turbiedade, pero non cor verde nas augas. No caso do afluente que discorre pola zona de Cortegada estaba limpo.
Ó parecer, non sería a primeira vez que o río presentaba unha cor semellante nos últimos anos en xornadas puntuais ó seu paso pola localidade silledense e xa antes de iniciarse as obras do AVE.

(Fonte: La Voz de Galicia)
(Fotografía: Marcos Míguez)

jueves 8 de mayo de 2008

Xornadas da ponte de Maio

Aproveitando os pasados días festivos e o bo tempo, achegámonos novamente ós nosos ríos para desfrutar dunhas novas xornadas de pesca.
Nunha delas, Mario López acompañoume a un tramo do río Deza para probar sorte coa culleriña, que xa facía tempo tiñámos apartada pola grande cantidade de auga dos cauces, o que facía moi dificil a pesca a esta modalidade.
Sorprendéronnos as numerosas picadas ó longo de toda a tarde, pero de troita moi pequena, apostada na súa maioría nos pequenos remansos da nosa beira, que traballamos insistentemente na procura da gran captura.
Rematada a xornada, acadamos entre os dous 12 pezas de talla axeitada, ainda que voltamos moitas capturas de pequeno tamaño á auga. Creo que este é un bo síntoma, xa que quere dicir que os nosos ríos teñen cantidade de cría, que esperamos se manteña.
Por outra banda, Manuel Perez achegouse nesta ocasión a unha dificil zona do río Asneiro para tentar ás raiñas do río coa miñoca. Ainda que a foto poida enganar, o resultado foi mais que aceptable, xa que as catro capturas pesaban o seu dentro do cesto, ata tal punto que a de maior tamaño parteu a súa cana telescópica ó pegar un chimpo mentres penduraba cravada do anzól, xa fora do río.

miércoles 7 de mayo de 2008

Troita de 2,3 quilos no Ulla

Eladio Neira Souto, de Gres (Vila de Cruces), pescou onte ás dez da mañá unha troita de 2,3 quilos e 63 centímetros no Ulla, en Noente (Boqueixón). Ó parecer e a troita mais grande que pescou ata agora, según explicou o mozo de 26 anos, que practica habitualmente a pesca. Capturouna con culleriña e para sacala do río empregou máis de dez minutos.
Á dificultade habitual engadíuselle que onte non levaba botas. A pesar do tamaño da captura lograda explica que xa as viu máis grandes no Ulla e non descarta superar este tamaño.
Eladio Neira expuxo a troita no mesón A Insua onde traballa.
Noraboa ó afortunado troiteiro.
(Fotografía: Marcos Míguez)

lunes 5 de mayo de 2008

Resultados do Torneo de Pesca da Sociedade de Silleda

A Sociedade de Caza e Pesca de Silleda celebrou a festa do colectivo con distintas actividades para satisfacer ós deportistas amantes do río e os que prefiren as armas e as actividades de monte.
A xornada comezou a primera hora da mañán co torneo de pesca no río Deza no que tomaron parte 10 socios e no que se impuxo José Ramón Fontao, da Bandeira, que capturou un total de 8 troitas.
Coma segundo clasificado quedou o veciño de Siador Ángel Sobrado (na fotografía), con 6 pezas, mentres que como terceiro finalizou José Abeledo, de Silleda que acadou pescar tres exemplares.
Na categoría junior, impuxose Xián Abeledo que, cunha captura levouse o premio con tan só 14 años de idade.
Estes premiados serán propostos agora pola sociedade para competir no campeonato provincial da especialidade, ó que sempre concurren pescadores de Silleda.

Festa do Socio na Sociedade de Silleda

Entrevista na Voz de Galicia a Jose Antonio Pena, presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda. (04/05/2008)

-En plena tempada de pesca, a Sociedade de Caza e Pesca de Silleda adícalle o día de hoxe ós asociados cunha festa que acaba de trocar de nome.
-Antes era a Festa do cazador e do pescador pero como agora tamén contamos con tiro engadir tamén dito nome facíase moi longo. Optamos por denominala Festa do Socio, e aí están todos incluídos.
-Entón, ¿é só unha festa para asociados?
-Para todos vos socios, por suposto, pero tamén para a xente que está vinculada ao mundo dá caza e dá pesca. A nosa sociedade sempre estivo e está aberta a todos.
-Caza, pesca e agora, ¿nova modalidade: a de tiro?
-Así é. Fomentamos un deporte novo entre vos socios: as prácticas de tiro. Contamos cun dous poucos campos autorizados para a práctica de tiro todo ou ano e pensamos que é preciso darlle publicidade.
-¿Con cantos socios contan?
-De momento, ningún. Estamos con todo o papelorio e dependerá dá Xunta. Cando nos autorice a tramitación de asociados comezaremos. O que si é que temos afecionados de Silleda, Agolada, Vila de Cruces, Santiago e Ourense que ao longo dous últimos meses xa estiveron facendo prácticas de tiro no noso campo.
-¿Que actividades teñen programadas para hoxe?
-Repartíranse os cotos de pesca ás oito dá mañán. Será só para asociados e de ahí sairán logo os que acudirán ó campionato provincial. Antes haberá que facer a pesada e tamén o control de todo o que se pescou.
Posteriormente haberá unha gran comida de confraternidade para tódolos asistentes e, pola tarde, teremos prácticas de tiro. É unha festa á que asisten sempre xentes de todas as idades; os pescadores e cazadores máis veteranos traen ós fillos, ós netos...
-A sociedade silledense pasa por un óptimo momento de traballo e de volume de asociados...
-A sociedade pasa por un bo momento en conta a saúde pero non así en volume de socios, que continuamos cos mesmos. Tampouco nos queixamos do número que non baixou, iso quere dicir que facemos as cousas ben aínda que nunca está todo a gusto de todo o mundo.
-Falaba dun volume de socios semellante o de anos anteriores, ¿de que cifra estamos a falar?
-Somos catrocentos socios cazadores e douscentos pescadores. Cando rematemos todo o trámite do tiro, arrincaremos coa campaña de captación de socios. De momento toca seguir traballando despois de que se rozase monte e se sementaran unhas cen hectáreas de trigo, centeo e avea.
(Fonte: La Voz de Galicia)
(Fotografía: Marcos Míguez)

Novas das primeiras xornadas no Ulla.

Estes días festivos deixáronnos cantidade de novas a cerca dos nosos ríos e de xornadas troiteiras. Comezaba a tempada nos cotos do Ulla e por iso deixo eiquí algunhos dos artigos de prensa pubricados ó respecto.

(02/05/08) Un pescador asturiano capturou no río Ulla o campanu da tempada, un salmón de 7,825 quilos de peso e noventa centímetros de lonxitude. O exemplar foi pescado na ribeira estradense do coto de Ximonde, no posto do Viso. (Ver nova)

(02/05/08) Tres dos catro salmóns capturados no coto de Ximonde eran salvaxes. (Ver nova)

(03/05/08) O concurso de pesca do Salmón organizado pola sociedade deportiva Río Ulla esgotou nun día a cota de prazas. (Ver nova)

Augas de Galicia inspeccionou o Asneiro

A Consellería de Medio Ambiente confirmou que técnicos da Xunta desprazáronse nos últimos días a Lalín para comprobar as verteduras ó parecer procedentes das obras do AVE ó río Asneiro. Os técnicos recolleron tamén mostras da auga para levar a cabo as correspondentes análises.
Esta investigación súmase á levada a cabo polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil que acudiu ó lugar na tarde-noite do venres pasado despois de que un veciño dese a voz de alarma ao ver baixar o río branco.
Os axentes do Seprona realizaron nos últimos días outras observacións. A última delas o martes e constataron que o río continuaba baixando branco na zona de Coto e ata con máis residuos que en días anteriores. Uns lodos que se achacan a restos procedentes dos traballos realizados polas obras do AVE na zona de Abeleda. Nas súas inspeccións os axentes puideron observar indo río arriba a procedencia dos residuos.
Estes non provocaron mortaldade de peixes e ó parecer a cor branca do río prodúcese ao ser arrastradas partículas de sustancias utilizadas nas obras, entre elas as de construción do túnel. O Seprona adxudica en principio a vertedura destes lodos á empresa adxudicataria das obras do tren de velocidade rápida. O Concello de Lalín solicitou información ao Seprona sobre este asunto.