Ecosistemas do Deza na Rede Natura
Sobreirais do Arnego
Superficie: 1.124 Ha.
Altitude media: 348 m.
Rexión bioclimática: Mediterránea.
Toca os seguintes concellos do Deza: Agolada, Lalín e Vila de Cruces.
Data: 2001.
Principal masa forestal representativa da fraga atlántica con influencia mediterránea presente na conca do río Ulla. Como especies máis representativas detacan o carballo e a sobreira.
Habitats
Uceiras secas europeas
Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Fauna
Ouriolo (Oriolus oriolus)
Moucho de orellas (Otus scops)
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
Serra do Candán
Superficie: 10.699 Ha.
Altitude media: 708 m.
Rexión bioclimática: Atlántica.
Toca os seguintes concellos do Deza: Lalín e Silleda.
Data: 2001.
Serra de mediana altitude que conta con notables extensións de matogueira xunto con pequenas carballeiras. Ten ademais superficies importantes de herbeiras con afloramentos rochosos.
Habitats
Uceiras secas europeas.
Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo.
Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii.
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.
Fauna
Martiño peixeiro (Alcedo atthis)
Pica patinegra montesa (Anthus spinoletta)
Bufo real (Bubo bubo)
Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus)
Papuxa montesa (Sylvia undata)
Sisón (Tetrax tetrax)
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
Libélula (Oxygastra curtisii)
Sistema fluvial Ulla-Deza
Superficie: 1.633 Ha.
Altitude media: 15 m.
Rexión bioclimática: Atlántica.
Toca os seguintes concellos do Deza: Silleda, Vila de Cruces.
Data: 2001
Cursos fluviais con importantes poboacións piscícolas, entre as que destacan salmón atlántico e lamprea.
Hábitats
Esteiros
Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
Uceiras secas europeas
Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo
Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Flora
Narciso (Narcissus cyclamineus)
Fauna
Rato de almizcre (Galemys pyrenaicus)
Lontra (Lutra lutra)
Martiño peixeiro (Alcedo atthis)
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Sábalo (Alosa alosa)
Zamborca (Alosa fallax)
Lamprea (Petromyzon marinus)
Salmón (Salmo salar)
Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)
Monte Faro
Superficie: 2.988 Ha.
Altitude media: 886 m.
Rexión bioclimática: Atlántica.
Toca os seguintes concellos do Deza: Rodeiro.
Data: 2001
Área de media montaña con notables representacións de mato.
Habitats
Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae)
Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix
Uceiras secas europeas
Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo
Turbeiras de cobertor
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Flora
Esfagno (Sphagnum pylaisii)
Fauna
Pica das árbores (Anthus trivialis)
Picanzo real (Lanius excubitor)
Cotovía pequena (Lullula arborea)
Papuxa montesa (Sylvia undata)
Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
Brañas de Xestoso
Superficie: 1.077 Ha.
Altitude media: 639 m.
Rexión bioclimática: Atlántica.
Toca os seguintes concellos do Deza: Silleda.
Data: 2001.
Son pequenas áreas de turbeiras e torgueiras con presencia de carballeiras de reducida extensión. Na zona cría unha pequena poboación de sisón menor, ave característica de hábitats esteparios.
Habitats
Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix
Uceiras secas europeas
Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo
Turbeiras de cobertor
Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Flora
Esfagno (Sphagnum pylaisii)
Fauna
Pica papuda (Anthus campestris)
Sisón (Tetrax tetrax)
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)






