Actividades na Sociedade de Pesca de Silleda
A Escola de Pesca da sociedade, que un par de anos atrás se reactivou con novas actividades, programou para os vindeiros días 6, 7 e 8 de marzo un amplo programa de actos ao que poderán asistir adultos e cativos, socios e non asociados. Haberá unha charla sobre os ríos, a intervención dun ecoloxista e mesmo se impartirán unhas clases teóricas e prácticas sobre moscas. Mesmo está previsto realizar ensaios de lance no lago do recinto feiral da Semana Verde. Os organizadores esperan superar nesta ocasión o volume de participantes do ano pasado que chegou ao medio cento de persoas, entre elas unhas cinco mulleres de Silleda e de Méixome (Lalín).



1 comentarios:
Non sei se este é o lugar máis axeitado para isto. Estou buscando algún club, empresa ou asociación que imparta cursos de pesca para xente novata de cara á temporada do 2010. Eu son de Sigüeiro, e aínda que de pequeno pesquei algo, a verdade é que non teño nin idea, e preferiría pagar que molestar a alguén para que perda a paciencia comigo. En principio intersábame algo pola miña zona, pero non me importa desprazarme, e de feito Silleda, por exemplo non está nada lonxe.
Calquera información que me poidades dar agradézoa (xancodesido@yahoo.es)
Atentamente,
Xan Codesido
Publicar un comentario en la entrada